Portada

Repensar a teoloxía, recuperar o cristianismo

Homenaxe a andrés torres queiruga

GALAXIA
06 / 2012
9788498654226
Gallego
VARIOS
ESPAÑA
Ensayos

Sinopsis

Este libro colectivo responde á intención de homenaxear o teólogo e filósofo Andrés Torres Queiruga por unha traxectoria dedicada á creación dunha obra viva, suxestiva e útil no eido dun pensamento universal que nunca deixou de ser galego. Esta obra ten o seu xermolo nas Xornadas de Teoloxía, celebradas en Santiago de Compostela en outubro de 2010, promovidas pola Asociación Encrucillada, coincidindo con que Andrés Torres Queiruga alcanzou a idade da súa xubilación académica. O lema das xornadas foi Repensar a teoloxía. Recuperar o cristianismo. "Repensar" e "recuperar" son dous termos especialmente queridos polo noso homenaxeado, de forma que ocupan un destacado lugar nos principais títulos das súas obras máis coñecidas. Aos participantes nestas xornadas propúxoselles falar sobre un determinado tema filosófico ou teolóxico tendo en conta o pensamento do profesor Queiruga nesa respectiva cuestión. Aquí publicamos a maioría dos relatorios das xornadas, así como colaboracións doutros autores que aceptaron sumarse á homenaxe a Torres Queiruga.Homenaxe a Andrés Torres Queiruga

PVP
40,20