Portada

Murguía

GALAXIA
05 / 2012
9788498654257
Gallego
GRANDES BIOGRAFIAS
Narrativa

Sinopsis

GBS_setViewerOptions({'showLinkChrome': false}); GBS_setLanguage('es'); GBS_insertPreviewButtonPopup('ISBN:978-84-9865-425-7'); A biografía de Manuel Murguía Con esta biografía de Manuel Murguía, primeiro presidente da Real Academia Galega, o historiador Barreiro Fernández, que tamén presidiu esa institución, pon nas mans dos lectores unha obra magna, case mil páxinas para recoller e transmitir o tempo vital de quen foi unha das figuras esenciais do galeguismo. Manuel Murguía (1833-1923) foi o máis destacado representante do nacionalismo galego no século XIX. A súa obra como historiador e escritor está dedicada enteiramente á idea de Galicia como nación; é autor de títulos fundamentais coma Los precursores e Historia de Galicia, nos que se asentan as bases da cultura galega contemporánea. Coa súa obra, a historia de Galicia configúrase como historia nacional. Vencellado á publicación da obra de Rosalía de Castro, con quen estivo casado, foi o primeiro presidente da Real Academia Galega. O historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández, un dos grandes especialistas na historia contemporánea de Galicia, traza nesta biografía un retrato fidedigno do personaxe e, con pulso narrativo e rigor documental, relata as circunstancias nas que a obra e as ideas políticas de Murguía viron a luz.

PVP
40,00