Portada

As montañas de Galicia

XERAIS
9788483026328
Gallego
ROTEIROS
Naturaleza

Sinopsis

Este libro compaxina o coñecemento do patrimonio natural das nosas montañas co esforzo de as descubrir.As montañas de Galicia é un libro feito desde unha concepción gráfica moderna e de grande manexabilidade para andar e patear o monte e descubrir o medio ambiente galego.Os 15 itinerarios propostos pódense realizar sen grande forma física e sen grandes medios técnicos; a penas con zapatillas, mochila, se cadra algunha guía de campo e a cámara de fotos.Son 15 itinerarios descritos coa súa xeoloxía, flora e fauna, acompañados de mapas e esquemas e con indicacións e descrición de máis de 93 puntos de interese nas proximidades.Ademais dunhas excelentes fotografías, o libro vai acompañado de apartados que indican os accesosa cada itinerario, o tempo que leva o percorrido e as recomendacións que cómpre ter en conta para coñecer o Monte Pindo, San Andrés de Teixido, as serras do Courel e dos Ancares, o Parque Nacional de Peneda-Geres, o Teixedal de Casaio ou a Serra do Barbanza, entre outros moitos itinerarios.

PVP
30,85