Portada

A linguaxe literaria

Guía de recursos para a análise textual

XERAIS
07 / 2002
9788483028421
Gallego
LINGUA E LITERATURA
Método idiomas, filología y lingüística

Sinopsis

Toda obra literaria -poema, novela, drama- é un acto de comunicación lingüística que se diferencia de calquera outra forma de linguaxe polo uso duns caracteres propios que coñecemos como «linguaxe literaria»; o problema é saber se esta é realmente diferente, e se o é, en qué difire da linguaxe verbal.Neste libro de Manuel Rosales o lector atopará unha aproximación á obra literaria a través de tres niveis de coñecemento ordenados nunha metodoloxía comprensible e ecléctica que permita seleccionar aqueles aspectos que mellor se adapten ao texto literario que vaia ser obxecto de lectura ou comentario. A linguaxe literaria ábrese cun breve percorrido pola historia da literatura galega e a súa relación coas demais artes. Posteriormente realízase un estudio polo miúdo e exemplificado das diferentes figuras e recursos que converten un texto en literario, así como un tratamento particular dos trazos lingüísticos e estéticos das formas literarias básicas: lírica, narrativa e teatro. Para rematar, ofrécese unha proposta de análise de textos literarios mediante a que se poida apreciar o sentido que adquiren como obxecto artístico e comunicacional.

PVP
20,00