Portada

O Lobo guerrilleiro

XERAIS
9788483020388
Gallego
NARRATIVA

Sinopsis

O lobo guerrilleiro -a novela coa que Bento da Cruz obtivo o Premio Diário de Noticias en 1991- narra a vida de André Lobo, nacido no Barroso e fillo de labradores, que transcorre entre amores desenfreados, intrigas familiares, contrabandistas e guerrilleiros, paisaxes case virxes e un minucioso encadramento político-social. Se o azar dunha primeira paixón, levou a André Lobo a ingresar na garda fiscal, a segunda, déixao desconcertado cunha inagardada fin. Tamén o azar, levarao a apaixonarse perdidamente por Consuelo, unha fermosa guerrilleira antifranquista que alterará o rumbo da vida de Lobo. Ao mesmo tempo, nesta apaixonante novela, os lectores son confrontados coa realidade barrosana, cos problemas da Guerra Civil española e coas súas consecuencias, mesturadas nunha intensa paixón, que dá ó amor a característica dun estado de levedade.O Lobo guerrilleiro, traducido fermosamente para o galego por Moncha Fuentes Arias, -en boa parte consecuencia do forte impacto da guerrilla antifranquista galega nas terras portuguesas veciñas- é, pois, unha complexa intriga de maquis e de violencia situada nos anos posteriores a 1936, pero tamén é unha mostra grandiosa da sociedade labrega da terra do Barroso e da capital, Montalegre, onde radican os poderes caciquís e a mediocridade política. Unha novela de grande éxito en Portugal, que apaixonará, tamén, ao público galego.

PVP
13,35