Portada

Mesteres

XERAIS
9788483024126
Gallego
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS

Sinopsis

Arcadio López-Casanova (Lugo, 1942), poeta, profesor, crítico e teórico da literatura, é un dos autores contemporáneos de máis celmosa traxectoria como amosan as seus títulos poéticos Liturxia do corpo (1982) ou Noite de degaro (1994), entre outros.Posuidor dunha voz poética dotada de pulsión e alento propios, Mesteres (publicado inicialmente en 1976) constitúe unha referencia inexcusable á hora de valorarmos o denominado cambio de rumbo da nosa lírica máis recente.A presente edición de Mesteres, revisada persoalmente polo autor, revela a modernidade da súa concepción poética que pasa pola relevancia outorgada ás dimensións significativas da palabra e pola mestría na explotación das posibilidades e recursos expresivos, entre outros achados.Velaquí, pois, un volume que recolle unha das expresións poéticas máis singulares, renovadoras e intensas dos últimos vintecinco anos da nosa lírica.

PVP
19,95