Portada

APPCC avanzada

Guía para a aplicación dun sistema de perigos e puntos de control críticos

IDEASPROPIAS
02 / 2011
9788498392012
Gallego
GESTION EMPRESARIAL
Economía y empresa

Sinopsis

Imaxinan que os produtos alimentarios que consumimos non pasasen uns controis de calidade? Os alimentos, como materia orgánica que son, estarían expostos a multitude de perigos potenciais que producirían a súa contaminación (perigos biolóxicos, químicos e físicos) e nós como consumidores, trala inxestión deses alimentos, estariámonos arriscando a contaxiarnos de calquera enfermidade de transmisión alimentaria ou a que o noso organismo sufrise algún dano.

O sistema APPCC (Análise de Perigos e Puntos de Control Crítico) é un procedemento metódico, científico e predominantemente preventivo que, utilizado ao longo da cadea de subministración do alimento proporciona un elevado índice de seguridade respecto á calidade hixiénico-sanitaria deste, é dicir, avala que o produto cumpre certas normas de limpeza, conservación, transporte...

A nova Norma ISO 22000 é un sistema de xestión en materia de seguridade aplicable á cadea de abastecemento de alimentos e, polo tanto, unha ferramenta para implementar o sistema APPCC. Esta norma está avalada internacionalmente e tódolos sistemas de xestión de inocuidade de alimentos que a cumpren son susceptibles de certificación.

O obxectivo principal deste manual, que Ideaspropias Editorial lle presenta, é proporcionar ao lector a través dunha metodoloxía didáctica, un coñecemento teórico-práctico do sistema APPCC, da súa importancia, dos seus principios e da súa aplicación.

PVP
14,96