Portada

Dicionario do Galego de Asturias (DGA).

UNIVERSIDADE DE VIGO
08 / 2021
9788481588972
Gallego
Fóra de Colección
73
ESPAÑA
Diccionarios monolingües

Sinopsis

O Dicionario do Galego de Asturias (DGA), naceu da necesidade imperiosa de recoller a riqueza léxica da área lingüística dialectal da comarca do Eo-Navia, formada por dezanove concellos, seguindo as directrices do catedrático Francisco Fernández Rei. O xérmolo procedía da Mesa prá Defensa do Galego de Asturias (MDGA) e da continuación dun proxecto xa concibido polo insigne filólogo Dámaso Alonso. Ata hoxe en día só existía unha serie de vocabularios dalgúns concellos ou lugares, pero ningún proxecto comarcal no seu conxunto. O Dicionario é a suma da análise desas fontes publicadas e da fundamental recolleita feita a un bo feixe de informantes. O Dicionario estruturase en entradas, frases feitas, refráns e lugares de recollida do termo. En conclusión, é unha contribución precisa ao corpus lingüístico galego, e un agradecemento inmenso aos eonaviegos, polo seu amor na conservación da lingua galega século tras século, malia os numerosos atrancos, aínda sendo conscientes que se trata dun proceso aberto a novas incorporacións.

PVP
15,00