Portada

Os metrosiderais

OBRADOIRO
08 / 2021
9788416834303
Gallego
ESPAÑA

Sinopsis

Estela, Kofuku, Li, Tomás e a súa cadela Lía conforman a Banda do Cigurat, un grupo de rapaces e rapazas que consolidaron a súa amizade nas clases de reforzo do instituto. Durante as vacacións de verán, os seus integrantes van verse somerxidos nunha emocionante investigación que crava as súas raíces, literalmente, na historia da Coruña, a cidade en que viven. Un astrolabio, unha viaxe en barco que partiu da Coruña hai cincocentos anos, un peculiar ancián envolto en misterio e intriga, un estraño diario e unha árbore que non debería estar aí configuran a trama desta novela; ao longo das súas páxinas, os membros da Banda do Cigurat deberán enfrontarse a un enigma que rodea a cidade herculina, e que foi pasando de xeración en xeración, ampliándose ao longo dos séculos.

PVP
12,95