Portada

A sombra dos teus soños

GALAXIA
9788482882130
Gallego
LITERARIA
Literatura

Sinopsis

O autor non usa edulcorante, senón azucre de verdade; e o café del non é descafeinado, ao contrario: é negro e forte, e por iso pode inquietar. Atopamos relatos sobre un mundo antigo, unha Galicia rural, impenetrable, misteriosa, nos que o autor acada unha expresividade case magoante. Pero tamén hai contos sobre o mundo moderno, que se desenvolven tanto en Galicia como fóra. Fronte ao irracional dos tempos pasados queda patente aquí a irracionalidade da sociedade actual, da súa moral e das súas fatais atraccións. O máis importante nestes textos de Rei Ballesteros son sempre os personaxes: os seus erros, as súas feblezas, as súas obsesións, a súa individualidade. O autor non os describe, móstraos cunha actitude de sorpresa, como a pode ter o propio lector. A quen lle guste a literatura intensa e ben escrita, vaille agradar este libro, A sombra dos teus soños: un título igual de fermoso que cheo de sentido.

PVP
12,40