Portada

Eu, Jean Gabin

Sapienza, Goliarda Traducción: Torres París, Dolores
GALAXIA
10 / 2011
9788498654035
Gallego
BIBLIOTECA COMPOSTELA
ESPAÑA
Narrativa

Sinopsis

GBS_setViewerOptions({'showLinkChrome': false}); GBS_setLanguage('es'); GBS_insertPreviewButtonPopup('ISBN:978-84-9865-403-5'); Por primeira vez traducida para o galego, a obra de Goliarda Sapienza está a ser descuberta nos últimos anos por lectoras e lectores de toda Europa. Inédita ata a súa publicación en italiano neste 2011 por Einaudi Editore, a novela Eu, Jean Gabin sae na Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, colección que Galaxia tira do prelo coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Santiago. Pode unha rapaza -abandonada toda a tarde no ventre seguro dun cinematógrafo- chegar a identificarse totalmente co actor Jean Gabin? Si, se esa rapaza se chama Goliarda Sapienza. A actriz de cinema convertida en escritora é unha das descubertas da narrativa italiana actual. Lectoras e lectores estanse a achegar á súa obra literaria, que se volve publicar despois da súa morte. A autora refírese á súa narrativa denominándoa "autobiografía de contradicións", é dicir, trátase de volver sobre algúns momentos da propia vida para entender como o tempo se combina coa memoria e así ser consciente de que o pasado realmente está tan vivo que non se pode fixar dentro de nós. Velaí aquela nena da Civita de Catania que formaba parte dunha minoría, a dos poucos antifascistas aínda resistentes na Italia dominada por un réxime totalitario vixilante e triunfante. O seu pai, un avogado odiado polos fascistas; a nai, socialista, que transforma a súa casa nun reduto de resistencia e de contracultura; e unha tribo de irmáns que perseguen, dun xeito contaxioso, os seus soños. En Eu, Jean Gabin cóntase todo isto concentrado nunha presada de días. Novela publicada postumamente en 2011, escrita por unha actriz que acabou creando un dos personaxes literarios inesquecibles da narrativa italiana contemporánea.

PVP
18,60