Portada

Contos da terra da tarde

GALAXIA
11 / 2011
9788498654011
Gallego
LITERARIA
ESPAÑA
Narrativa

Sinopsis

Para presentar Contos da terra da tarde, nada mellor que as propias verbas de Bieito Iglesias, que describe deste xeito a súa obra: "Os relatos deste libro debullan un rosario de asuntos trizados pola cachamorra da actualidade: eutanasia, emigración, racismo, soidade urbana, esbarruamento da ruralía, turismo sexual, pederastia, violencias varias, exclusión dos vellos? No entanto eses e outros temas examínanse desde a ollada de personaxes excéntricas e un tal punto de vista quizais revele recantos escuros, iluminados pola luz crepuscular aludida no título ou ?nas distancias curtas? pola luz crúa e lívida de Caravaggio. As anécdotas e a introspección psicolóxica preséntanse nun estuche barroco beneficiado pola lingua vizosa e o diálogo coa tradición literaria ou co cinema. Son contos para interromper a lectura e deixar o lector suspenso a ollar unha mosca invisible".

PVP
22,00