Portada

Días felices con Fábia

GALAXIA
04 / 2023
9788411760324
Gallego
Literaria
481
ESPAÑA
Literatura

Sinopsis

Días felices con Fábia é unha historia de sedución e enganos que transcorre no Porto. Un realizador de televisión en horas baixas chega para facer un documental sobre a acuicultura dos polbos e coñece a Fábia, unha bióloga que vai remover case todo na súa vida. As historias de amor empezan sempre cunha mentira. Sabémolo, e facemos coma se non o soubésemos. Deixamos que todo siga o seu curso, porque nos satisfai a eficacia das nosas trampas ou porque admiramos a arte das mentiras alleas, como pasa nos espectáculos de maxia. A graza do asunto é que sempre vivimos o amor coma se fose o sentimento máis auténtico. O protagonista vai anotando no seu caderno curiosas historias reais de mentireiros falsificadores e doutros trampulleiros notables que nos axudan a saber algo mais sobre el mesmo e as súas circunstancias. Amor, mentiras e melancolía. Tamén unhas pingas de humor, habituais na obra de Xosé Cermeño, para unha historia diferente.

PVP
21,50