Portada

Mariña: de deusa a santa

GALAXIA
05 / 2017
9788491510611
Gallego
ENSAIO
84
ESPAÑA
Ensayos

Sinopsis

O libro é unha análise e estudo da apropiación dos mitos célticos e da relixiosidade galaica realizada polo cristianismo. Neste caso, exemplificada a través das múltiples advocacións a Santa Mariña presentes en Galicia.
"Mariña: de deusa a santa" está escrito nunha prosa áxil e fluída que facilita un percorrido ameno polas transformacións históricas do culto pagán e do cristián. Estas transformacións converteron os lugares de culto coma montes, fontes, árbores ou lagoas sagradas en lugares cristianizados.
O traballo de investigación realizado polo autor insírese dese xeito nunha tradición de grande importancia para a cultura galega, tradición que chanta as súas raíces no labor do Seminario de Estudos Galegos.
Velaquí un ensaio ben documentado e cunha exposición analítica dun caso senlleiro que constitúe unha especificidade de enorme significado para a antropoloxía cultural de Galicia.
"Mariña: de deusa a santa" gañou o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2016.

PVP
20,40