Portada

Mortos de Ningures

EVEREST
06 / 2011
9788440311788
Gallego
PUNTO DE ENCONTRO
Literatura infantil: de 0 a 12 años

Sinopsis

¿O sangue é vermello? Ata a aparición daquel cadáver a inspectora Nola sempre pensou que si.Na última semana, en Todures apareceron mortos seis inmigrantes procedentes de Ningures.¿Por que todos eran ningurenses? ¿Cantas persoas máis ían morrer? ¿Por que o sangue daquel cadáver era verde? ¿Que se agochaba tras aquilo? A inspectora Nola amólalle non dar contestado os interrogantes. Por iso se fixo investigadora: para non deixar ningunha pregunta voando no aire.En "Mortos de Ningures", coa axuda do seu inseparable gato Lolo, Nola porá toda a súa vontade en resolver este enigmático caso. Pero isto non é garantía de éxito. As veces, malia os esforzos, malia o empeño, algúns casos non se dan resolto.********************PERELEDIEsta novela está escrita a dúas mans por Pere Tobaruela e Ledicia Costas. Pere naceu en Barcelona e actualmente vive en Rois. Escribe en catalán, galego e castelán. Con corenta obras publicadas nalgunhas das editoriais máis importantes de Cataluña, Galicia e do resto do estado, este autor só se dedica á escrita. Ledicia é de Vigo. Poeta e narradora, escribe desde moi nova. De feito, con 17 anos publicou a novela xuvenil "Unha estrela no vento". A súa produción poética é abundante e está recollida en diferentes publicacións colectivas.

PVP
9,25