Portada

O tranvía número Flor

Risari, Guia Traducción: Ballesteros, Xosé
KALANDRAKA
03 / 2025
9788413433493
Gallego
Demademora
ESPAÑA
Álbumes ilustrados
Últimos 60 días
Tapa dura

Sinopsis

Un álbum sobre a amizade e o poder transformador da palabra e da imaxinación. Laura contaba historias incribles. Ninguén a cría agás Omar, un rapaz reservado e melancólico que botaba en falta a súa casa e o seu país. “Queres volver velo ” preguntoulle Laura un día. “Esta tarde, agarda por min na parada do tranvía ás tres en punto.” Xuntos iniciaron unha viaxe extraordinaria. Di Michèle Petit en “Os libros e a beleza” que a arte e a literatura, tanto escritas como orais, poden restaurar a paisaxe e facer habitables lugares hostís. Nesta historia, os protagonistas comparten algo máis que tempo e amizade, embárcanse nunha viaxe a través da palabra atravesando paisaxes fantásticas, quizais novas, quizais ocultas en recunchos recónditos do subconsciente. As ilustracións realistas e cheas de detalles de Federico Delicado amplían os significados do texto de Guia Risari acentuando esta proposta próxima ao surrealismo.

PVP
16,00