Portada

Contra a síndrome N.N.A. (Non hai Ningunha Alternativa)

Unha aposta pola esperanza

XERAIS
05 / 2005
9788497822978
Gallego
ENSAIO
Ensayos

Sinopsis

A síndrome N:N.A. vén ser a de "Non hai Ningunha Alternativa", a que nace da imposición nos últimos anos do que se deu en chamar "pensamento único", global; esa concepción do mundo, da vida, da política e da economía que nos quere convencer de que hoxe xa nos hai máis ideoloxía viable que a ideoloxía neoliberal e o sistema económico do mercado total. Como o letreiro que o Dante puxo na porta do inferno, cómpre " abandonar toda esperanza " en calquera utopía de cambio transformador, pois está de antemán condenada ao fracaso. Este libro nega radicalmente este fatalismo ancorado no medo e no desencanto paralizante propoñendo como antídoto a esperanza que nace dunha confianza radical en que a auténtica globalización é a da fraternidade e o amor solidario. Para o autor, o crego Victorino Pérez Prieto, só hai alternativa para un mundo insolidario e egoísta coma o que vivimos estando a carón da xente, acollendo a súa sabedoría, reelaborándoa persoalmente e sendo capaz de apuntar cara o futuro, con idealismo ou pesimismo, mais con esperanza. O libro, froito de quince anos de escrita, recolle textos reelaborados a partir dos publicados inicialmente en "Diario de Ferrol", "A Nosa Terra", "Encrucillada", "Irimia", "El Progreso", "Terra e Tempo" e "Tempos Novos". Organizados en seis capítulos. I. A carón da xente; II. Persoeiros e amigos, III. Un mundo entre a vida e a morte; IV. Xesús de Nazaret e a relixión; V. A Igrexa e as igrexas e VI. Curas e bispos. Un libro, pois, no que o autor aposta con valentía pola utopía e a esperanza do Reino de Deus que anunciou Xesús de Nazaret, presente noutros proxectos de liberación non relixiosos, mais para el non menos crentes.

PVP
23,60