Portada

A literatura galega durante a Guerra Civil (1936-1939)

XERAIS
9788475078588
Gallego
UNIVERSITARIA

Sinopsis

A literatura galega durante a guerra civil (1936-1939) é resultado dunha longa e dificultosa investigación efectuada por Claudio Rodríguez Fer nos máis diversos arquivos particulares, históricos e militares galegos e foráneos -dende Lugo a Moscova ou dende Salamanca a La Habana- para detectar canto se escribiu en Galicia, na zona republicana, na emigración e no exilio no tempo da contenda. Pretendeuse, pois, descubrir e rescatar o material esquecido, disperso ou inédito do período en cuestión, tan descoñecido como interesante e, ás veces, sorprendente, dende os puntos de vista histórico, literario e sociolingüístico.Tras examinarse con detalle a producción en galego de orientación galeguista, pero tamén fascista e tradicionalista, liberal e conservadora, comunista e anarquista, inclúense en apéndice pasaxes bélicas particularmente importantes por estar referidas a autores fundamentais na cultura galega, como Antón Noriega Varela, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo ou Alvaro Cunqueiro, na zona sublevada; e Ramón Cabanillas, Castelao, Rafael Dieste ou Ricardo Carballo Calero, na zona gubernamental.

PVP
15,90