Portada

Os nervios da cabeza

XERAIS
9788475078274
Gallego
NARRATIVA

Sinopsis

Os nervios da cabeza son 17 contos breves, brevísimos, precedidos por un breve comentario, tamén, do escritor evidencialista e novo Premio Blanco Amor na súa edición de 1994, Xosé Cid Cabido. Os relatos, de ben diferente temática e feitío, sabotean o ritmo e a disposición real dos acontecementos case tanto como prefiren o humor, a ironía e a negación de toda importancia para os seus personaxes.Historias curtas, de personaxes convencionais, narradas con elegancia, concisión e brevidade. Historias abertas a calquera situación imaxinable que salientan afeito de que os habitantes da cidades grandes, medianas, pequenas ou crecentes, os usuarios de autobús falangueiros, os pais de familia confiados, os escritores de oficio menor, os profesores de ciencias físicas, as adolescentes no abrente do amor, os emigrantes retornados, os cantantes de rock, os empregados de banca en Soria, os músicos de Jazz, as bañistas suicidas, os irmás xemelgos, as protistutas concienzudas, os matrimonios cruzados, os mounstros papanenos, son xente toda ela que se comporta coma se non existisen normas, nin convencións e cada momento fose a mellor ocasión para facer unha talada irrepetible.Os nervios da cabeza, como a Ciencia defacer as camas, é a demostración da eficacia literaria da arte da brevidade, da que o autor se confesa debedor de mestres desta arte como Julio Ramón Ribeiro ou Augusto Monterroso. Máis alén, da brevidade e dos rachóns e alustros de humor que salfíren todo o texto, Cermeño nunha paciente busca da palabra xusta, ensambla conceptos e reflexións que constitúen unha áceda parodia do noso tempo e da condición humana.

PVP
12,15