Portada

A vida apoteósica

XERAIS
9788483026434
Gallego
NARRATIVA

Sinopsis

A figura do dragón sobrevoa, a única cidade da redonda orientada ó crepúsculo. Así comeza Bieito Iglesias unha novela onde hai delincuentes sensitivos e prostitutas sentimentais (o que Nabokov chama "literatura sensacionalista"); pero isto é a penas o folión que inicia a festa da noite do 24 de xullo en Compostela. O elenco de personaxes e faits divers ilustran un fragmento de vida histórica na Compostela actual. Personaxes de variada traza, dende a clase media con ínfulas capitalinas ó mendigo preindustrial, que orixinan escritas contrapostas -literatura de decepción versus poesía pasoliniana da bela xente que ignora as meiguices burguesas-. Individuos que non pretenden ser arquetípicos, e que, tocados polo anxo do singular, camiñan sós pola cidade e pola historia. Neste relato non hai alegoría ou desfile de máscaras, descríbese sen hipérbole e sen idilio. A musa que o inspirou ten un puñal. Pero si hai humor: a gargallada do pallaso branco que fai a burla dos demais; e a do pallaso vermello que ri á conta de si mesmo.

PVP
16,65