Portada

Cemiterio de elefantes

XERAIS
09 / 2007
9788497826259
Gallego
NARRATIVA
Narrativa

Sinopsis

En Cemiterio de elefantes o protagonista é a noite, a noite como sinónimo de maxia, de complicidade, de vida, de esperanza, de encanto, pero tamén de erosión, de soidade, de clandestinidade, de anonimato, de silencio e de frustración. Cunha estrutura singular e ubicado no espazo xeográfico de Vigo, este libro cóntanos -con frescura, humanidade e ironía- historias nocturnas e urbanas cargadas de melancolía e humor que nunca nos deixan indiferentes. As páxinas de Cemiterio de elefantes percorren con acidez a paisaxe nocturna, a través de certa estética radiofónica. Na súa escrita húmida refúxianse noctámbulos, camareiras, travestis, estudantes, taxistas, varredores, persoas solitarias, insomnes, xornalistas... que gozan ou sofren o efecto devastador da noite descubrindo as entrañas da cidade. Espazos literarios e personaxes de Fran Alonso como Almas perdidas, Corazóns Solitarios e a Señora Lola naceron neste libro, cuxa trama comeza ás 12.00 AM, cando a noite cae sobre Vigo, e remata ás 8.00 AM, co amencer dun novo día.

PVP
20,50