Portada

Manuel Gómez Román. Mestre da arquitectura galeguista

XERAIS
9788475078755
Gallego
GRANDES OBRAS
Arquitectura

Sinopsis

Baixo a autoría do arquitecto Xaime Garrido Rodríguez e o profesor Xosé Mª Ramón Iglesias Veiga, o libro Manuel Gómez Román, mestre da arquitectura galeguista, presenta a vida e a obras dun arquitecto vigués de grande importancia na historia da arquitectura galega.Xenerosamente ilustrado, nunha edición fermosa, e subvencionado polo Concello de Vigo, o libro leva un prólogo do ilustre galeguista e escritor Don Francisco Fernández del Riego, explicando as circunstancias da vida do arquitecto Gómez Román, a quen tratou con asiduidade. Logo, os autores analisan tanto a súa vida como, sobre todo, a súa obra arquitectónica, tanto a realizada como a imaxinada, da que deixou constancia en numerosos debuxos e bocetos.Segundo Francisco Fernández del Riego, Gómez Román, nacido en Vigo en 1876, puxo teima en desentrañar as esencias e os signos da tradición na arte monumental de Galicia, e foi un constante recreador do espacio arquitectónico galego, ben dentro das liñas do modernismo, ben dentro da evolución que o levou cara a corrente rexionalista. Destacouse como un dos protagonistas do Vigo do seu tempo, e chegou a ser Secretario Xeral do Partido Galeguista (o seu derradeiro secretario xeral).Entre as obras máis coñecidas de Manuel Gómez Román destacan a Panificadora de Vigo, a capela de A Guía, o edificio Simeón, o edifico do Banco de Vigo (actual Banco Pastor), o monumento de Monteferro, numerosos chalés, pazos e edificios do centro da cidade, o Hospital Municipal de Vigo, o coñecido edificio Mülder de Montero Ríos, a fábrica de Alfageme...

PVP
31,60