Portada

Lorenzo Varela (1916-1978)

Unha fotobiografía

XERAIS
06 / 2005
9788497823203
Gallego
Literatura

Sinopsis

A presente obra, coordinada por Fernando Salgado García, un dos biógrafos máis destacados do poeta Lorenzo Varela, recolle un detallado percorrido fotobiográfico sobre a peripecia vital e traxectoria literaria do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2005. Un libro, prologado polo profesor Xesús Alonso Montero, que recolle centos de fotografías (a maior parte deles inéditas), textos e documentos organizados nas seguintes etapas: 1916-1931: Infancia: La Habana - Monterroso- Buenos Aires. 1931-1934: Aceiro e mel: Lugo 1934-1939: Armas e letras: Madrid - Guerra Civil. 1939-1941: Camiño do desterro: Francia - México. 1941-1947: A esperanza renacida: Buenos Aires. 1947-1952: O Exilio no exilio: Uruguai. 1952-1976: A dobre patria galaico-criolla: Buenos Aires. 1976-1978: As cicatrices do retornado: Madrid - Galicia. A obra, ademais do percorrido fotobiográfico, inclúe ensaios de Xesús Alonso Montero ("Raíces lingüísticas, raíces literarias e raíces políticas de Lorenzo Varela"), Xosé Gregorio Ferreiro Fente ("Do socialismo ateniense ao mi mamá me mima. Lorenzo Varela e o padroado das Misións Pedagóxicas"), Alberto Portas Gómez (Lorenzo Varela. O militante e o seu tempo"), Carlós L. Bernárdez ("Lorenzo Varela: æo diagrama dun grito`. Unha visión esgazada e reflexiva da poesía, a arte e a vida") e Xosé Luís Axeitos ("Lorenzo Varela, unha voz amurallada). O volume complétase cunha completa cronoloxía e bibliografía de e sobre Lorenzo Varela. A edición desta fotobiografía realizouse en colaboración entre o Consello da Cultura Galega e Edicións Xerais de Galicia.

PVP
51,50