Portada

VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES

Verne, Jules / Padrón, Dani Traducción: Pacheco Vázquez, Mercedes
XERAIS
10 / 2019
9788491215875
Gallego
Novela

Sinopsis

O profesor de Historia Natural Pierre Aronnax, o seu axudante Conseil e o experto arpoador canadense Ned Land embarcan nunha viaxe fantástica, a bordo da fragata Abraham Lincoln, na procura dun misterioso monstro mariño. Este resulta ser un submarino, o Nautilus, que chega a visitar a ría de Vigo ao mando do capitán Nemo: un sabio desenganado da raza humana que se move guiado por un deses motivos tan característicos da novela de aventuras: a busca da xustiza implacable, non exenta de vinganza.

Di Ledicia Costas no prólogo da presente edición: « " Vinte mil leguas baixo dos mares " é unha epopea mariña. Unha viaxe ás entrañas do océano onde Verne, como o gran divulgador científico que era, fai o que mellor sabe: escribir unha novela de aventuras onde mestura a ciencia, o progreso e a fantasía».

Unha obra mestra que segue a fascinar cento cincuenta anos despois da súa primeira aparición.

PVP
26,95