Portada

OS CONTIÑOS DE ANDREA DE AXEYRAS

TOXOSOUTOS, S.L.
02 / 2025
9788412962819
Gallego
CUCO REI
ESPAÑA
Narrativa

Sinopsis

Alseida é unha fada que leva un mandil amarelo e botíns marróns. Durante o día danza entre as corredoiras tras as bolboretas e á noitiña dorme no oco dunha sobreira coa compaña do seu amigo gnomo e o gato da capela. E.... Seguro que escoitastes falar das Perseidas. Cada verán, Vega e as irmás, espallando as súas melenas douradas, atravesan o ceo a unha velocidade tan meteórica que hai que prestar moita atención para ollalas e pedirlles unha arela. Deseguido, imos emocionarnos coas aventuras de Antía e outras cunchiñas de vieira, que logo de invernar nun aparador, son descubertas por Lois, un mozo ao que lle gusta moito a música folk. E.... Se a curiosidade vos conduce ao derradeiro conto, coñeceredes a un temesiño nobelo de la azul que habita nunha cesta de vimbio, entre as agullas de calcetar. Hai tempo que soña con percorrer mundo. Coidades que o acadará ? Non perdades xamais a maxia do voso corazón. Existe, sempre que creades nela.

PVP
12,00