Portada

Caídas. Achegamento ao Patronato de Protección a la Mujer en Galicia

Fajardo, Montse Traducción: 0
USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA
10 / 2024
9788410142336
Gallego
ESPAÑA
Historia

Sinopsis

Como sinala o título, Caídas (VI Premio Xohana Torres, modalidade de Ensaio) é un achegamento ao funcionamento en Galicia do Patronato de Protección a la Mujer, a institución franquista que entre 1941 e 1985 internou en institucións relixiosas a miles de mozas por térense afastado do modelo único de nai e esposa imposto pola ditadura, ademais de someter a un estrito control moral toda a poboación. Malia ser unha das expresións máis crueis e lonxevas da ditadura, o Patronato segue sendo un gran descoñecido ou, o que é aínda máis grave, mantendo a pátina de institución benéfica na que abnegadas monxas coidaban rapazas que se afastaran do bo camiño. A realidade é ben distinta e amosa un calvario de explotación laboral e vexacións amparado pola Igrexa e as familias adeptas ao réxime, que deixou nas internas graves secuelas psicolóxicas. Este traballo é unha homenaxe a todas esas mozas: ás sobreviventes e as que acabaron botándose por unha fiestra para fuxir da institución e das lembranzas que aínda hoxe perseguen a quen padeceu a barbarie do Patronato.

PVP
12,00