Portada

O camiño das mazás

OQO
01 / 2020
9788498716153
Gallego
Colección O
ESPAÑA
LITERATURA INFANTIL: DE 5 A 6 AÑOS

Sinopsis

Entre as árbores pasa unha nena cunha cesta.
Pedíronlle que recolla as mazás da maceira
que está á beira do camiño, á beira da fonte.
Unha nena camiña, soa, entre árbores escuras, pisadas que soan por detrás, asubíos do vento entre pólas que renxen... ata que unha veciña, cantando unha vella canción, e unha comitiva de plumas e patas fan que o camiño se ensanche e alegren o regreso.
Un texto poético, enmarcado nunha atmosfera inquietante, no que a protagonista transita por diversos estados de ánimo para, ademais dun sorriso na cara, volver a casa cun pequeno tesouro.
Estrella Ortiz, narradora oral desde hai máis de 30 anos, e fundadora do Maratón de Contos de Guadalaxara en 1992, moi coñecida polo seu personaxe da Bruxa Rotundifolia, rende aquí tributo absoluto aos seus dous principios creadores: ?as palabras son música? e ?un mundo mellor empeza cunha bonita historia?.
Mar Azabal achega emoción ao texto dunha forma natural e directa, cunha ampla paleta de cores, entre acuarelas, lapis de cores e algún retoque dixital.

PVP
14,90